Nova función
Modificación de reservas con servizos
Agora é posible modificar as reservas unha vez feitas, nas que se definen servizos opcionais. Para este tipo de reservas con servizos, que puxemos en marcha a semana pasada, agora é posible, ademais de crealas, modificalas desde a aplicación. No apartado Inicio, onde aparecen As miñas reservas, pódense modificar aquelas que teñen a posibilidade de definir servizos nelas. Xa comentamos que os posibles servizos poden ser de distinto tipo e que adoitan supoñer un pago adicional por eles.
Estas reservas pódense modificar, engadindo ou eliminando servizos ata o momento en que comece a reserva, ou no caso de que a instalación ten asociado un dispositivo de control de acceso, ata o momento no que se permite abrir, engadindo os minutos de cortesía previos ao seu inicio.