Automatiza a túa Comunidade e mellora a calidade de vida dos veciños
Optimiza os Recursos da Comunidade
A domótica nas Comunidades de veciños permite automatizar tarefas repetitivas que poden ser realizadas por un sistema informatizado. Isto permite liberar aos veciños de tarefas que non aportan valor e mellorar o uso dos recursos comúns.
Usando sistemas de sensores e actuadores, xunto con elementos de comunicación deseñados segundo o tipo de Comunidade, podemos automatizar moitos dos procesos que hoxe en día requiren xestión personalizada.
Acendido e apagado das luces nas zonas comúns
Control do sistema de climatización
Control do sistema de rega
Control dos procesos nas piscinas
Monitorización de datos ambientais
Elimina as chaves e mellora a seguridade
Apertura e peche das portas de entrada á Comunidade, garaxes, zonas comúns e campos deportivos. A automatización das portas permite aos veciños acceder ás zonas comúns sen necesidade de levar chaves, usando o seu móbil ou chaveiros e tarxetas de proximidade, con diferentes niveis de seguridade.
A posibilidade de establecer permisos de acceso personalizados, con regras específicas para cada porta, que permitan tamén ter accesos puntuais ou habituais por parte de provedores, empresas de mantemento ou distribución, é algo que se pode conseguir coa nosa tecnoloxía.
Acceso ás portas da Comunidade
Acceso aos garaxes de forma automatizada
Acceso a zonas e salas comunitarias
Acceso a campos deportivos
Automatiza alertas ante eventos
A seguridade dos residentes é fundamental, e pode mellorar recorrendo á automatización, utilizando tecnoloxía integrada en toda a Comunidade. A monitorización dos accesos, a detección de intrusos, a gravación de imaxes e a notificación de eventos son algúns das funcionalidades que se poden implementar.
Poder monitorizar os sistemas de alarmas de seguridade, con detectores de fume, CO2, gas ou inundación, sensores de movemento ou de apertura de portas, e recibir notificacións en tempo real de calquera evento, é algo que mellora directamente a seguridade da Comunidade.
Monitorización de alarmas
Detección de intrusos
Monitorización de gases e líquidos
Notificacións en tempo real
Aforra enerxía e reduce custos
A eficiencia no consumo enerxético é un aspecto fundamental para un uso adecuado dos recursos dunha Comunidade de veciños. A automatización dos sistemas de climatización, iluminación, rega e outros permite reducir o consumo enerxético e, polo tanto, os custos asociados.
A monitorización dos consumos enerxéticos, a programación dos sistemas de climatización e iluminación, a detección de fugas de auga ou a optimización dos sistemas de rega son algúns das funcionalidades que se poden implementar.
Monitorización de consumos en tempo real
Programación dos sistemas de climatización
Optimización do sistema de rega
Alertas de consumos anómalos
Integración con sistemas de enerxías renovables
O noso boletín inspira, informa e sorprende
Non perdas o noso paso, somos inconformistas